Xunta e universidades estudarán a incidencia do cambio climático na costa galega

O estudo inclúe un visor para cuantificar os riscos do cambio climático nas praias e estuarios

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2021 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

Galicia terá capacidade e instrumentos para determinar cales son os riscos do cambio climático nas súas praias e estuarios, co foco nas especiais características do seu litoral. O informe sobre a súa incidencia nestes ámbitos estará listo o próximo ano.

A Xunta e as tres universidades galegas colaborarán nun estudo sobre a incidencia do cambio climático na costa galega, que incluirá as tarefas necesarias para completar o actual visor cartográfico que achega información sobre dúas variables: os riscos de inundacións e os da subida do nivel do mar.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e os reitores das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo asinaron este luns o convenio de colaboración polo que se completará esta ferramenta coas proxeccións climáticas da erosión, baseadas nas dinámicas de ondada que ofrece a infraestrutura de observación de Meteogalicia.

Este visor permitirá coñecer os impactos do cambio climático na costa e avaliar os riscos asociados, tendo en conta as especiais características da costa galega.

Firma do convenio para elaborar un estudo sobre a incidencia do cambio climático no litoral.. CONCHI PAZ/XUNTA / Europa Press
Firma do convenio para elaborar un estudo sobre a incidencia do cambio climático no litoral.. CONCHI PAZ/XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta