Temas: LUMES 061 112

Un incendio nunha vivenda da Coruña obriga trasladar ao inquilino a un centro médico por inhalar fume

O lume iniciouse nunha tixola ao lume que pasou á campá extractora da cociña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Un home necesitou asistencia esta tarde despois de declararse un incendio, nun piso situado na rúa do Xeneral Rubín, na Coruña, por unha tixola ao lume.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o home tivo que ser trasladado a un centro médico ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume.

O lume iniciouse nunha tixola ao lume que pasou á campá extractora da cociña. O resto da vivenda quedou afectada polo fume. Foi o propio inquilino afectado quen sufocou o incendio baleirando dous extintores.

O 112 Galicia tivo coñecemento do sucedido ao redor das 13,30 horas, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Posteriormente, solicitouse a intervención da Policía Local e dos Bombeiros da Coruña, que realizaron tarefas de ventilación na vivenda.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA.

Temas: LUMES 061 112
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta