Galicia cada vez máis pobre a pesar dos anuncios e promesas de Feijóo

Aumenta case un punto a taxa de risco de pobreza ata alcanzar o 16,11%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2021 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

A taxa de risco de pobreza de Galicia aumentou 0,88 puntos en 2020, ata situarse no 16,11%, segundo a enquisa conxuntural a fogares que publica este martes o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Esta taxa calcúlase como a porcentaxe de persoas cun ingreso equivalente inferior ao limiar de risco de pobreza, que se establece no 60% da mediana de ingresos equivalentes. Para un fogar unipersonal, por exemplo, o limiar en 2020 é de 743,91 euros/mes, mentres que para un fogar composto por dous adultos é de 1.115,87 euros/mes.

Por provincias, a taxa máis alta corresponde a Ourense (18,44%) e a máis baixa a Lugo (13,54%). Con respecto a 2019, aumenta en Pontevedra en 2,13 puntos porcentuais, en Ourense 0,48 puntos e na Coruña en 0,47, e diminúe en Lugo en 0,94.

En 2020, o 19,51% da poboación residente en Galicia está en risco de pobreza ou exclusión social, o que supón un aumento de 0,68 puntos respecto ao ano anterior. Por idades, este indicador reduciuse nos grupos de 50 a 64 anos e de 65 ou máis anos e aumentou no tres grupos restantes: menores de 16, de 16 a 24 e de 25 a 49.

Para o sete grandes concellos, Santiago de Compostela e Vigo, con 2.673 e 2.465 euros, son os que presentan o maior ingreso medio mensual por fogar, mentres que o máis baixo corresponde a Ourense (2.290 euros).

Acampada contra a pobreza na praza do Rei, Vigo
Acampada contra a pobreza na praza do Rei, Vigo | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta