Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/12/2021 | Actualizada ás 12:42
Randstad prevé que as Rebaixas xerarán en Galicia ao redor de 13.730 contratacións, un volume un 14,6% superior á última campaña, cando se asinaron 11.984 contratos, e un 36,9% máis que antes da irrupción da pandemia, cando se rubricaron 10.028.
En concreto, e con respecto á campaña de 2020, a contratación en Galicia crecerá 7,9 puntos porcentuais sobre a media nacional, situada no 29%, ocupando así o segundo posto de comunidades que máis crecen respecto á media do estado, só por detrás de Castela-A Mancha. O volume de concentración que se asinarán na autonomía suporá o 6,6% do total do país.
A nivel provincial, Pontevedra rexistrará o maior volume de contratos nestas Rebaixas, 6.430 firmas, mentres que na Coruña terán lugar 5.300; en Lugo, 1.150 e, en Ourense 840. En canto á variación coa campaña previa á pandemia, Pontevedra experimentará o maior incremento (45,1%), seguida de Lugo (39,4%), Ourense (29%) e A Coruña (28,7%).
NIVEL ESTATAL
No conxunto do estado, Randstad espera que as Rebaixas crearán 207.410 contratos, un volume superior tanto á campaña deste ano (nun 14,2%), como ao rexistrado en 2020, antes da irrupción do virus (un 29% superior).
O bo comportamento da contratación desta campaña deberase, en boa medida, ao notable incremento experimentado pola loxística, que asinará este ano ao redor de 137.293 contratos. Desde 2020, este sector non deixou de rexistrar crecementos de dúas cifras, incrementándose nun 52,8% desde entón.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.