Outros catro falecidos, entre eles un home de 57 anos, elevan a 2.757 as vítimas mortais en Galicia

O máis novo tiña 57 anos e o máis vello, 91.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2021 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias galegas informaron do falecemento doutro catro persoas, cifra que eleva o total de vítimas mortais rexistradas en Galicia relacionadas coa pandemia a un total de 2.757.

En concreto, Sanidade informa da morte dun home de 57 anos no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), un home de 73 anos e outro de 66 no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), e unha muller de 91 no centro vigués de Povisa.

Todos eles, segundo as autoridades sanitarias, tiñan patoloxías previas. Na pasada xornada, Sanidade comunicara o falecemento de oito persoas entre os días 23 e 27 de decembro diagnosticadas con covid-19.

Precisamente, na súa comparecencia deste martes, o titular de Sanidade, Julio García Comesaña, trasladou que "a metade" deste oito falecidos notificados por Sanidade non estaban vacinados contra a covid-19. Unha das vítimas, un home de 59 anos (o 24 de decembro), carecía de patoloxías previas.

Un traballador sanitario totalmente protexido nunha ambulancia
Un traballador sanitario totalmente protexido nunha ambulancia | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta