O sector do mexillón fronte a Feijóo; solicitan unha reunión urxente para abordar o futuro do sector

Esta reunión ten como obxectivo abordar directamente cómo está a situación grazas a 'xenial' idea de secuestrar a mexilla, deixándoa en mans dos percebeiros.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/12/2021 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

"Malia as supostas ofertas de diálogo e man tendida coas que a Consellería do Mar ocupa os espazos de prensa, no sector do mexillón só recibimos uns plazos de reclamación que se quedaron curtos pola demora na entrega de informes; trátase dun burdo intento de dividirnos, tentando negociar individualmente e de xeito ocurantista", denuncia o sector mexilloeiro.

Manifestación na Illa en apoio ao sector do mexillón. ASOCIACION MEXILLOEIROS INSULARES SAN ESTEBAN
Manifestación na Illa en apoio ao sector do mexillón. ASOCIACION MEXILLOEIROS INSULARES SAN ESTEBAN

Ante esta situación, e sen prexuízo de continuar coa vía xudicial, este colectivo viu oportuno solicitar unha reunión co presidente da Xunta, co obxectivo de exporlle directamente cómo esta a situación "grazas á 'xenial' idea de secuestrar a mexilla, deixándoa en mans dos percebeiros, obviando os seus dereitos e poñendo en perigo este sector", din nun comunicado.

"Queremos explicarlle ao señor Feijóo que non coinciden nin as nosas zonas de colleita nin as estacións, que nunca tivemos nin unha soa queixa por furtivismo ou que os 'panos quentes' que nos propoñen están sen probar nin desenvolver", explican dende o sector.

Esta situación, din, está a levar ao sector a unha situación insostible, que pode provocar a perda da campaña, algo que moitas empresas e familias non poderán soportar. "É difícil de entender cómo a Consellería do Mar afirma que unha gran industria pase polo colo de botella dunha recollida de mexilla realizada por persoas afeitas a traballar cun produto moi caro e que difícilmente terá a dedicación e o interese suficiente para facerse cargo dunha recadación compensada cun beneficio menor", critican.

Isto implicaría perder clientes, supón perder mercado, ser substituídos por empresas doutros países, algo que despois será moi difícil de recuperar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta