Detectado un positivo por covid entre os xogadores do Monbus Obradoiro

Nos próximos días, o equipo volverase a someter a novas probas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2021 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

O Monbus Obradoiro notificou este mércores un positivo por covid-19 entre o seu persoal, confirmado tras as probas PCR realizadas ao equipo.

Segundo informou o propio conxunto compostelán, o xogador atópase con síntomas, illado no seu domicilio e seguindo o protocolo sanitario.

"Unha vez confirmado este positivo, tal e como marca o protocolo, foi comunicado ás autoridades sanitarias e á ACB. O resto do persoal deu negativo, polo que continúa coa actividade deportiva", explicaron. Indicaron ademais que, nos próximos días, o equipo volverase a someter a novas probas.

Logotipo do Mombús Obradoiro
Logotipo do Mombús Obradoiro | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta