Temas: CAMBADOS 112 061

Trasladan unha muller con síntomas de intoxicación e queimaduras tas un incendio na súa vivenda

Concretamente, segundo informa o 112, ardeu a campá extractora da cociña e o lume propagouse ao mobiliario. Ademais, o fume afectou a toda a estancia.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 29/12/2021 | Actualizada ás 20:46

Comparte esta noticia

Unha muller tivo que ser trasladada con síntomas de intoxicación e queimaduras despois de orixinarse un incendio na cociña dunha vivenda en Cambados. Ademais, producíronse diversos danos na estancia.

Concretamente, segundo informa o 112, ardeu a campá extractora da cociña e o lume propagouse ao mobiliario. Ademais, o fume afectou a toda a estancia.

Os feitos sucederon sobre as 14,30 horas deste mércores. Ao recibir a chamada da propietaria da casa, a Central de Atención ás Emerxencias Galicia púxose en contacto con Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ribadumia, Policía Local, Servizo Municipal de Protección Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Temas: CAMBADOS 112 061
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta