Os sanitarios do CHUAC saen a rúa para denunciar a "incompetencia" do Sergas na xestión da covid

Denuncian que non se respectan os cocientes asistenciais por paciente nin se está a manter o persoal en todo momento ao 100% para garantir a calidade.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 30/12/2021 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

O persoal sanitario do CHUAC saíu a rúa este xoves nunha xornada de protesta diante da porta de Urxencias deste hospital para denunciar a "incompetencia" do Sergas na xestión da sexta onda da covid en Galicia. De feito, piden a comprensión e a axuda da cidadanía nestes duros momentos. "Somos os mesmos que loitaron por ti nesta pandemia sen medios e sen descanso", lembran.

Ademais, os profesionais sanitarios denuncian o cumprimento do pacto asinado ca Xerencia Sanitaria da Coruña en marzo de 2019 xa que non se respectan os cocientes asistenciais por paciente nin se está a manter o persoal en todo momento ao 100% para garantir a calidade. "Facemos un chamamento a toda a poboación para que nos apoie e acompáñenos nestas mobilizacións ante esta situación insustentable que afecta directamente á saúde das persoas, froito dunha insuficiente e incompetente xestión do sistema", denuncian.

Médicas, enfemeiros e profesionais sanitarios protestando no CHUAC
Médicas, enfemeiros e profesionais sanitarios protestando no CHUAC | Fonte: remitida

"A situación é desbordante e case colapso nalgunhas zonas", apunta un médico consultado por GC que suliña que nalgunhas áreas empézase a acusar a "falta de persoal" pola necesidade que Sanidade ten por manter a situación de control nos hospitais Así, lembra que na área Sanitaria da Coruña estanse denegando permisos e vacacións a moitos sanitarios e en atención primaria, os centro de saúde que só tiñan horario de mañá, agora tamén atenden polas tardes.

O persoal sanitario anuncian que continuarán con esta prostesta o vindeiro venres, 7 de xaneiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta