Un accidente de tráfico obriga o conselleiro do Medio Rural a suspender a súa axenda

Por outra banda, indica que "para unha recuperación completa e, por recomendación dos médicos, non terá axenda as próximas semanas"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2021 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O conselleiro do Medio Rural, José González, suspendeu axenda por un accidente de tráfico, segundo informa na súa conta de Twitter. Asegura que o fai por recomendación médica.

"As redes sociais serven para informar, ás veces de temas positivos de traballo e, noutras ocasións, para asuntos persoais", indica.

Respecto diso, explica que este fin de semana sufriu un accidente de coche no que "afortunadamente non houbo consecuencias moi graves", apostila.

Por outra banda, indica que "para unha recuperación completa e, por recomendación dos médicos, non terá axenda as próximas semanas". "Pondo a saúde como prioridade, estarei en casa, teletrabajando na medida do posible, collendo moita enerxía para volver con máis forza que nunca".

O conselleiro do Medio Rural, José González / Xoán Crespo - Xunta de Galicia. / Europa Press
O conselleiro do Medio Rural, José González / Xoán Crespo - Xunta de Galicia. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta