O ano comeza con subas nas peaxes da AP-9... Sabes canto?

Canto custa ir de Vigo a Ferrol e da Coruña a Vigo?...

Por Erik Dobaño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2022 | Actualizada ás 20:56

Comparte esta noticia

As peaxes da AP-9 soben a partir do 1 de xaneiro de 2022 un 3 por cento, segundo anunciou este xoves o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Coas novas tarifas, o tramo A Coruña-Santiago alcanza os 7,20 euros (20 céntimos máis), mentres que Vigo-Rande redondéase ata o euro.

A viaxe entre Ferrol e A Coruña increméntase en 15 céntimos e chega aos 5,05 euros; e entre Vigo e Pontevedra a peaxe pasará a custar 4,15 euros desde os catro euros do pasado ano.

Así, quen queira transitar entre A Coruña e Vigo pola AP-9 terá que abonar 17,50 euros, o que supón unha suba de 50 céntimos. Se o fai desde Ferrol, a contía alcanza os 20,1 euros. Para chegar a Tui, o condutor deberá abonar 23 euros se sae de Ferrol (fronte aos 22,30 euros do pasado ano) e 20,40 euros se o fai desde A Coruña.

Respecto dos incrementos nas tarifas, nun comunicado o Goberno explicaba esta semana que, con carácter xeral, increméntanse un 1,97% as tarifas das autoestradas dependentes do Estado a partir do 1 de xaneiro de 2022 para axustalas ao Índice de Prezos ao Consumo (IPC).

No caso da AP-9 decrétase unha subida adicional para, segundo apunta Transportes, cubrir os custos por excesos de valoración de expropiacións ou pola execución de obras nas que incorreron as respectivas sociedades concesionarias, para financiar bonificacións de peaxe e para compensar a non aplicación de incrementos de tarifas inicialmente previstas por razóns de interese público.

AP-9, Autoestrada do Atlántico / Miguel Riopa - Europa Press. / Europa Press
AP-9, Autoestrada do Atlántico / Miguel Riopa - Europa Press. / Europa Press

No comunicado, o Goberno sinala que a subida das peaxes na AP-9 prodúcese "sen prexuízo das bonificacións parciais ou totais" que se aplican en tramos gratuítos como O Morrazo-Vigo e A Coruña-Barcala, así como no "esquema de bonificacións" aprobado por real decreto o pasado mes de xullo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta