Detido un home por roubar en dous vehículos na Coruña

O detido contaba con antecedentes por feitos similares.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/01/2022 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron a un home presunto autor de dous roubos con forza no interior de vehículos na cidade da Coruña. O pasado 25 de xullo, unha muller denunciou na comisaría de Lonzas ser vítima o día anterior dun roubo no seu vehículo, o cal aparcara na rúa Lamadosa, na vía pública. Fracturaran o portelo do copiloto subtraendo despois diferentes efectos.

O mesmo día 25, outro veciño da Coruña denunciou ser vítima dun roubo no seu vehículo noutra rúa próxima. Esta vez, o coche atopábase aparcado no interior do garaxe común do seu domicilio. Tamén romperan un portelo, mentres neste caso o ladrón subtraera do interior do vehículo dúas táboas de surf, valoradas en 1.500 euros.

Tras as indagacións e pescudas realizadas ao longo destes meses polo Grupo de Policía Xudicial do Distrito Sur desta cidade, púidose determinar a identidade do autor do roubo, polo que se procedeu á súa localización e detención o pasado día 27 de decembro.

Polo momento, foi recuperada unha das táboas de surf, así como outros obxectos e documentación subtraídos á primeira vítima, xa devoltos aos seus propietarios. O home detido, de 44 anos, contaba xa con antecedentes por feitos da mesma índole, segundo informa a Policía Nacional nun comunicado.

Coche de Policía Nacional. ARQUIVO
Coche de Policía Nacional. ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta