34 persoas foron atendidas polo 061 debido a 29 accidentes de tráfico na fin de semana en Galicia

O 36% dos asistidos tiña entre 30 e 44 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2022 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu a 34 persoas debido a 29 accidentes de tráfico rexistrados durante a pasada fin de semana na rede viaria galega, que coincidiu coas celebracións para despedir 2021 e dar a benvida a 2022. O domingo foi o día con máis sinistros, cun total de 14 incidentes.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do pasado venres 31 de decembro e as 23,59 horas deste domingo 2 de xaneiro un total de 38 chamadas en relación con accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 33. En concreto, as ambulancias realizaron 31 saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en dous accidentes.

En 26 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en oito ocasiones recibiron atención no lugar do incidente, indicaron as mesmas fontes. A proporción de homes atendida ascendeu ao 73 por cento e a de mulleres reduciuse ao 27%. En canto ás idades dos feridos, o 36% dos asistidos tiña entre 30 e 44 anos.

Por provincias, a da Coruña, con 10 accidentes, foi a que rexistrou máis sinistros de tráfico durante os desprazamentos do fin de semana pasado; seguida da de Pontevedra, con nove; Ourense, con sete; e Lugo, con tres.

Ambulancia do 061 / 061-GALICIA. / Europa Press
Ambulancia do 061 / 061-GALICIA. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta