Identificado un mozo por esnaquizar adornos florais en Ourense

O home causou desfeitas nas plantas das xardineiras municipais.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/01/2022 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

A Policía Local de Ourense identificou a un mozo de 26 anos que na madrugada deste domingo esnaquizaba adornos florais de Nadal instalados polo Concello na Praza Maior da capital ourensá.

Así o informou a Policía Local, que relatou que axentes do corpo acudiron ás 3,30 horas do domingo 2 de xaneiro advertidos de que un home causaba desfeitas nas plantas das xardineiras municipais.Os axentes comprobaron que un home arrincaba as plantas das xardineiras e amontoábaas logo na rúa Barreira. O identificado é un veciño da cidade de 26 anos de idade.

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha, congratulouse de localizar ao causante das desfeitas nos adornos florais na Praza Maior. "Desde o goberno municipal non dubidaremos á hora de imporlle a sanción máis severa que sexa posible por esta infracción", afirmou.

Ucha indicou que debido ao incremento rexistrado de actos vandálicos sobre propiedades municipais iniciarase con carácter urxente o expediente de instalación de videovixilancia sobre aquelas zonas ou infraestruturas que durante o último ano sufriron as consecuencias destas accións.

Foto policía local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO - Arquivo
Foto policía local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta