Detido tras unha persecución en coche, lesionar tres axentes e danar dous vehículos policiais en Ourense

O condutor levouse sen permiso o vehículo familiar que se atopaba sen seguro nin ITV en vigor.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 04/01/2022 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo en Ourense un home por delito contra a seguridade viaria, atentado e danos tras protagonizar unha persecución en coche pola cidade, lesionar levemente a tres axentes e causar danos en dous vehículos policiais.

Vehículo policial danado durante unha persecución en Ourense que se saldou cun detido
Vehículo policial danado durante unha persecución en Ourense que se saldou cun detido | Fonte: POLICÍA NACIONAL.

Segundo informou a Policía Nacional de Ourense, detivo na mañá deste pasado luns a un veciño da cidade despois de que este se levou sen permiso o vehículo familiar que se atopaba sen seguro nin ITV en vigor.

Cando o vehículo denunciado foi localizado nas inmediacións da Alameda da Ponte, "comezou unha fuxida por distintas rúas da cidade, saltándose semáforos en vermello e mesmo circulando en dirección prohibida pola rúa Curros Enríquez", subliña a Policía.

Finalmente foi interceptado na estrada N-120 dirección Vigo tras chocar contra o noiro da vía. Ao tratar de impedir que o vehículo puidese volver á vía interpóndolle un vehículo policial por cada lado, esta persoa lanzou o seu coche contra o outro e tentou continuar a fuxida, ata que finalmente puido ser inmobilizado o coche e reducir o seu ocupante.

Na intervención resultaron danados, ademais do vehículo utilizado para a fuga, os dous coches policiais, e sufriron feridas leves tres axentes.

O individuo detido en relación con estes feitos foi posto a disposición xudicial, tras o que quedou en liberdade pendente de xuízo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta