A creación de empresas aumenta un 22,8% en Galicia en 2021, pero tamén as disolucións

As disolicións se incrementaron nun 32,9% respecto a 2020.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2022 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou a creación de 3.921 empresas ao longo de 2021, o que supón un incremento do 22,8% respecto de 2020, ano de inicio da pandemia, segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este mércores.

Billetes de euro, diñeiro, PIB. EUROPA PRESS - ARQUIVO
Billetes de euro, diñeiro, PIB. EUROPA PRESS - ARQUIVO

O capital subscrito para a constitución de sociedades na comunidade galega durante o ano ascendeu a un total de 204 millóns de euros. Pola súa banda, tamén se incrementaron as disolucións, ata as 1.639, un 32,9% máis que as 1.233 que se computaron en 2020.

No tocante só ao mes de decembro, creáronse 300 sociedades en Galicia, unha decena menos que no mesmo mes de 2020. O capital medio subscrito por sociedade foi de 25.728,6 euros. Só dous foron SA, mentres houbo 291 SL e sete doutro tipo. En decembro de 2021 disolvéronse 188 sociedades, 67 máis que no mes anterior, aínda que son 16 menos que un ano antes no mesmo mes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta