Talan un carballo de 300 anos no Camiño de Santiago por unha poda dunha compañía eléctrica

O famaso carballo de Ponte da Chanca, un dos principais referentes naturais da ruta xacobea, secou tras unha poda "excesiva" por parte dunha subcontrata que facía o mantemento dunha liña eléctrica. A Policía Autonómica investiga o sucedido.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 13/04/2014 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O Camiño de Santiago acaba de perder un dos seus principais referentes naturais. O coñecido Carballo de Ponte da Chanca, preto de Lugo, foi talado esta semana.

O voceiro da Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde no lugar onde foi talado a árbore
O voceiro da Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde no lugar onde foi talado a árbore

A familia propietaria dos terreos alega que non tivo outra saída. De acordo a súa versión, unha "poda salvaxe" por parte dos operarios que limpan as liñas eléctricas ten a culpa de que secas.

Os propietarios din que a empresa  que realizou os traballos está subcontratada por Gas Natural Unión Fenosa. Sen embargo, desde Fenosa, en conversa con GC, descartaron que eles teñan nada que ver con esta poda. Precisamente, esa zona entraría dentro da área de distribución de Begasa. 

Os propietarios din que esa poda se fixo sen avisar e en pleno agosto, "no peor momento", polo que a árbore non foi quen de recuperarse e, finalmente, morreu. A árbore tiña especial importancia porque medrou durante séculos no cruce dos camiños do Norte e  Primitivo. A CRTVG asegura que a Policía Autonómica está a investigar o sucedido, pois a árbore estaba catalogada por Patrimonio.

A Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde é unha das voces que reclama explicacións. O seu voceiro, Xosé Yañez, lembra que era un dos doce carballos que representan os doce séculos de historia do Camiño Primitivo. E este ten especial importancia porque está onde se xuntan o Camiño Primitivo co que vén da costa".

O que queda do Carballo de Ponte da Chanca tras ser talado
O que queda do Carballo de Ponte da Chanca tras ser talado | Fonte: crtvg

Yañez argumenta que as contratas que manteñen as liñas eléctricas acostuman a cometer este tipo de abusos ante a falta de información por parte dos donos das fincas sobre as talas e podas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Esteriquilla

En Guadalajara también lo hacen, talan sin preguntar. En la finca de mis padres talaron 3 chopos plantados por ellos mismos hace 40 años con motivo de su boda. ¬¬ ¿Expropiación indebida del patrimonio natural privado? No... lo que hacen no tiene nombre.

2 jose carlos alonso ucha

¡Mala gente! ¡No tienen perdon! ¡Desgraciados! ¡Qué verguenza!

1 Cóntoche coma pasou

Despois este PPaifocos se botan as mans a cachola pola perda de usuarios no Camiño. Tiñan que ollar para Nafarroa cos seus montes con moitas menos posibilidades cos nosos, desbordada pola afluencia as suas casas rurais. Moito bota un de menos a Conselleria de Medio Rural de Suarez Canal. A sua pegada na resucitación das nosas razas autóctonas é todo un exemplo do que podería facer con mais tempos.