A ómicron segue sendo minoritaria en Galicia: só o 26% dos ingresados teñen esta variante

A porcentaxe que descende ao 11,36% nos ingresados nas unidades de coidados intenstivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2022 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

O 26% das persoas hospitalizadas en Galicia está infectada coa variante ómicron do covid-19, unha porcentaxe que descende ao 11,36% nos ingresados nas unidades de coidados intenstivos.

Así figura nas cifras ofrecidas este mércores pola Consellería de Sanidade relativos á monitorización dos casos de coronavirus que supoñen o ingreso nos hospitais da rede pública. Deste xeito, o 26,38% de casos covid de ingresados ten unha infección compatible coa variante ómicron, mentres que nas UCIs a porcentaxe baixa ata o 11,36%.

O Sergas lembra que analiza as infeccións de cada unha das persoas que ingresan nos hospitais galegos para monitorar de que variante do virus Sars-Cov-2 trátase e así poder facer un seguimento "específico" á evolución de cada cepa.

Un paciente con Covid-19 é trasladado ao Hospital de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Un paciente con Covid-19 é trasladado ao Hospital de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta