Administradas outras 10.293 doses da vacina contra a Covid

A maioría, 9.077, foron destinadas ao grupo de 5 a 14 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/01/2022 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

O proceso de vacinación contra a Covid-19 continúa en Galicia, onde foron administradas outras 10.293 doses, segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade no seu 'Cronómetro de vacinación' con respecto á xornada do mércores. As vacinas administradas ao grupo de 5 a 14 anos foron 9.077.

Dacordo cos datos recolleitos por Europa Press, ata a data administráronse 5.916.481 doses contra o coronavirus, 10.293 delas nas últimas 24 horas. Destas, 886 foron destinadas para completar pautas, polo que aumentan a 2.361.561 as persoas co proceso finalizado, que supoñen o 87,46 por cento da poboación total de Galicia.

No grupo entre 5 e 14 anos, o número de vacinados sitúase en 157.835, o que supón 9.077 máis que na última xornada. No grupo de 5 a 9 anos son 44.110, mentres que no de 10 a 14 anos son 113.725.

Pola súa banda, segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade con data do 5 de xaneiro, correspondente á vacinación pediátrica ata o día 4 deste mes, Galicia vacinou a 74.954 nenos de 5 a 11 anos con polo menos unha dose dunha poboación diana desas idades de 155.893, o que supón o 48,08%.

Entrada do recinto feiral Expourense, onde se vacúa contra a Covid-19.. Rosa Veiga - Europa Press
Entrada do recinto feiral Expourense, onde se vacúa contra a Covid-19.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta