Galicia acolle a celebración da Pascua Militar cun acto de recoñecemento ao labor do Exército

Non acudiron sin Ethel Vázquez sin José Miñones, xa que se topan en cuarentena tras dar positivo en Covid.

Por E.P. | A CORUÑA | 06/01/2022 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

O xeneral Juan Francisco Arrazola Martínez, xefe do Mando de Apoio á Manobra (MAM) e representante institucional das Forzas Armadas (RIFAS), presidiu na Coruña os actos de celebración da Pascua Militar.

Fíxoo ante autoridades civís e militares, entre as que non estiveron, como estaba previsto, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, nin o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, tras dar positivo por Covid e estar en corentena.

No acto, o xeneral Juan Francisco Arrazola transmitiu a felicitación da súa Maxestade o Rei e o seu "desexo de paz e benestar para o ano 2022", así como a súa "consideración e recoñecemento aos Exércitos de España".

No acto, condecorouse ao persoal civil e militar dos Exércitos, a Armada e a Garda Civil. Posteriormente, e como é tradición, fíxose un balance das actividades do 2021 e marcáronse as directrices e previsións do 2022.

No mesmo, participou a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, quen agradeceu o apoio das Forzas Armadas e o seu "compromiso" coa sociedade, especialmente durante a pandemia.

Rivas lembrou que as Forzas Armadas tiveron un traballo "intenso" tanto no estranxeiro como no territorio estatal", como durante a erupción do volcán da Palma e durante a pandemia.

Acto da Pascua Militar. FORZAS ARMADAS
Acto da Pascua Militar. FORZAS ARMADAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta