Sanitarios do CHUAC volven protestar polo colapso das Urxencias na sexta onda da Covid

"Pasillo en Urgencia, fracaso de gerencia" ou "Pacientes, profesionales, dignidad, respeto y cuidado" son algúns das críticas que fan.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/01/2022 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

O persoal sanitario do CHUAC saíu a rúa este venres na segunda xornada de protesta diante da porta de Urxencias deste hospital para denunciar a "incompetencia" do Sergas na xestión da sexta onda da covid en Galicia. De feito, piden a comprensión e a axuda da cidadanía nestes duros momentos. "Somos os mesmos que loitaron por ti nesta pandemia sen medios e sen descanso", lembran.

Protesta de médicos, enfermeiras e profesionais sanitarios do CHUAC pola situación das urxencias
Protesta de médicos, enfermeiras e profesionais sanitarios do CHUAC pola situación das urxencias | Fonte: remitida

"Pasillo en Urgencia, fracaso de gerencia", "Pacientes, profesionales, dignidad, respeto y cuidado" ou "Demencia, en la gerencia no se acuerdan de las urgencias" foron algúns dos cartaces e berros dos profesionais que participaron na mañá deste venres, 7 de xaneiro, na protesta. Esta é a segunda xornada de protesta, a anterior tivo lugar en pleno nadal.

Ademais, os profesionais sanitarios denuncian o cumprimento do pacto asinado ca Xerencia Sanitaria da Coruña en marzo de 2019 xa que non se respectan os cocientes asistenciais por paciente nin se está a manter o persoal en todo momento ao 100% para garantir a calidade. "Facemos un chamamento a toda a poboación para que nos apoie e nos acompañe nestas mobilizacións ante esta situación insustentable que afecta directamente á saúde das persoas, froito dunha insuficiente e incompetente xestión do sistema", denuncian.

"A situación é desbordante e case colapso nalgunhas zonas", apunta un médico consultado por GC que suliña que nalgunhas áreas empézase a acusar a "falta de persoal" pola necesidade que Sanidade ten por manter a situación de control nos hospitais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Imos pola 4 mañá de protesta, e seguimos.