Todo o litoral galego continuará ata domingo en aviso laranxa por ondada

As autoridades piden extremar as precaucións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2022 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

O litoral galego continuará este domingo 9 de xaneiro en aviso laranxa por un temporal que deixará ondas de máis de cinco metros en toda a costa de Galicia. O aviso da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) abarca a todo o litoral galego, desde a Mariña luguesa á desembocadura do río Miño.

As previsións apuntan a que este domingo continuarán as condicións adversas na costa, con mar de fondo e ondas que superarán o cinco metros de altura. Así as cousas, o aviso activado o pasado venres para toda a costa permanecerá activo ata, polo menos, a madrugada do domingo.

Ante esta situación, a Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, como diques, rompientes e paseos marítimos, debido a este temporal no litoral galego. Tamén recomenda que se "extremen as medidas de seguridade" á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Dúas persoas observan as ondas que rompen na zona das Escravas, na Coruña.. M. Dylan - Europa Press
Dúas persoas observan as ondas que rompen na zona das Escravas, na Coruña.. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta