Novas axudas para os universitarios galegos en dificultades económicas

As achegas da Xunta oscilarán entre os 1.750 e os 3.000€.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2022 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia abrirá o vindeiro martes 11 de xaneiro a convocatoria para as axudas ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG) con dificultades económicas para continuar os estudos este curso. O obxectivo da convocatoria é garantir a continuidade nos estudos universitarios, segundo explica a Xunta nun comunicado sobre as axudas, cuxo importe dependerá da renda familiar e oscilarán entre os 1.750 e os 3.000 euros, o que supón un incremento de 250€ respecto do curso anterior.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade destina estas bolsas aos universitarios que presenten unha necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa imprevista que ocorrese no actual curso académico. Entre estas causas están a orfandade absoluta, o desemprego, unha enfermidade grave, a condición de emigrante retornado, a de vítimas de violencia de xénero ou actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar.

CONDICIÓNS PARA SOLICITAR A AXUDA

Para acceder a estas axudas, os estudantes deberán estar matriculados no curso académico 2021/22 como mínimo en 50 créditos dunha titulación de grao, en calquera das universidades galegas. No caso do alumnado ao que lle reste un número inferior de créditos para finalizar os seus estudos, deberá de estar matriculado como mínimo de 30 créditos.

Ademais, a renda per cápita da unidade familiar deberá ser inferior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a lei de orzamentos xerais do estado para o ano 2022 multiplicada por 1,80. As solicitudes deben presentarse a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

estudante estudando exames universitarios
estudante estudando exames universitarios

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta