O MUPEGA acolle unha exposición sobre a historia do Xacobeo entre 1881 e 2004

A mostra recolle 71 pezas datas dende a Restauración á democracia pasando polo franquismo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2022 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

A exposición 'Santiago. Peregrinación, cidade, escola' abriu as súas portas no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), onde se fai un percorrido sobre o fenómeno xacobeo e Santiago de Compostela a través dunha selección de materiais escolares e extraescolares que gardan algunha relación con esta temática.

Segundo informa a Consellería de Cultura, Educación e Universidade nun comunicado, a exposición --comisariada polo persoal do museo--reúne 71 pezas de entre 1881 e 2004, agrupadas en tres grandes temas: 'Santiago ou Maior e a iconografía xacobea', 'Santiago como meta de peregrinación' e 'a cidade de Compostela'.

"O material exposto mostra que a figura do apóstolo Santiago está presente no campo educativo nos recursos que se empregaban na docencia, especialmente naqueles dedicados á lectura, ao longo de todo o século pasado tanto na Restauración como no período republicano e na ditadura franquista", sinalaron. O proxecto abarca material escolar, fotografías, cartóns, postais e documentos gráficos de coleccións particulares e dos propios fondos do museo.

A mostra pode visitarse no horario de apertura do museo: de martes a venres, de 10,00 a 15,00 horas e de 16,00 a 19,00 horas; e os sábados de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas.

Cartel da exposición no Museo Pedagóxico de Galicia. XUNTA DE GALICIA
Cartel da exposición no Museo Pedagóxico de Galicia. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta