A Xunta tramita a inscrición do monte Abelenda de Avión no Rexistro de Masas de Frondosas Autóctonas

.

Por E.P. | OURENSE | 10/01/2022 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se somete a información pública o procedemento de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas do monte Abelenda, situado no municipio ourensán de Avión. En concreto, inscribiranse un total de 56,3 hectáreas.

Segundo detallou o departamento que dirixe José González, a partir do martes, día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG, calquera persoa física ou xurídica poderá examinar no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Medio Rural de Ourense os documentos correspondentes a este expediente de inscrición, podendo presentar as alegacións que estimen oportunas nun prazo de dous meses.

A Consellería do Medio Rural lembrou que, na actualidade, xa existen 34 masas inscritas no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas: dous na provincia da Coruña, 13 en Lugo, 13 en Ourense e seis en Pontevedra, cunha superficie total de máis de 2.422,13 hectáreas.

En Galicia existe, de acordo co 4º Inventario Forestal Nacional, unha superficie de masas de frondosas autóctonas dunhas 415.000 hectáreas dominadas por carballos, castiñeiros e bidueiros, entre outras especies que conforman a paisaxe característica de Galicia e teñen un alto interese para a conservación de especies e hábitats.

Castiñeiros
Castiñeiros | Fonte: Fonte: Turismo de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta