Os encoros galegos a pouco máis do 50% da súa capacidade en pleno inverno

Gañaron 106 hectómetros cúbicos de auga na última semana, pero están lonxe de niveis doutros anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2022 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

Os encoros galegos atópanse ao 54,5% da súa capacidade total despois de gañar 106 hectómetros cúbicos durante a última semana, segundo os datos feitos públicos este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Así, de acordo con estas cifras, os encoros das dúas concas hidrográficas galegas almacenan 2.023 hectómetros cúbicos de auga dos 3.714 da súa capacidade total.

Os da demarcación Galicia Costa atópanse ao 66,7% ao albergar 456 hectómetros cúbicos de auga que poden almacenar. A variación é de 31 hectómetros máis que fai sete días. Pola súa banda, Miño-Sil está ao 51,7% con 1.567 dos 3.030 hectómetros cúbicos que teñen de capacidade tras gañar 75 durante a última semana.

En canto ao total de España, a reserva hidráulica aumentou no últimos sete días tras incorporar 359 hectómetros cúbicos, o que supón o 0,6% do total. Así, os encoros gardan nestes momentos 24.911 hectómetros cúbicos, de modo que están ao 44,4% da súa capacidade.

Vista xeral sobre o estado do encoro de Salas na conca Miño-Sil. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo
Vista xeral sobre o estado do encoro de Salas na conca Miño-Sil. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta