Pontevedra loitará por ser a Capital Gastronómica de España 2023

Dende o Concello aseguran que hai argumentos para ser "referente gastronómico nacional e mesmo internacional".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2022 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Pontevedra optará a ser a Capital Española da Gastronomía no vindeiro ano 2023. Así o vén de comunicar o popio consistorio do Lérez da man da Concellería de Promoción Económica e Turismo, cuxa rexedora, Yoya Blanco, recibiu esta mañá unha carta asinada polo presidente de Capital Española da Gastronomía na que confirman que Pontevedra participará no proceso de selección das candidaturas.

Caseta de Galicia en Fitur en Madrid, tapa de polbo, gastronomía
Caseta de Galicia en Fitur en Madrid, tapa de polbo, gastronomía

Asimesmo, a cúpula da asociación reitera que estarán "encantados" de participar naqueles actos promocionais organizados pola Concellería de Turismo e Pontevedra Capital Gastro durante a Feira Internacional de Fitur, que se celebrará en Madrid entre os días 19 e 23 de xaneiro.

"O anhelo da nosa cidade de converterse en referente gastronómico nacional e de consolidar a súa marca Pontevedra Capital Gastro é, xunto coa súa oferta de turismo verde e o seu afianzamento como sede de grandes eventos deportivos, un dos elementos centrais da campaña que Turismo de Pontevedra presentará o venres 21 de xaneiro no Pavillón de Galicia en Fitur", explican dende o Concello.

Dende o consistorio amósanse tamén convencidos da valía da cidade; que, apuntan, ten "todos os ingredientes necesarios para 'cociñarse' como referente gastronómico galego, nacional e mesmo internacional", antes de facer fincapé nos gastroeventos e iniciativas postos en marcha no marco do proxecto Pontevedra Capital Gastro.

Actualmente, a capital gastronómica de España recae na vila gaditana de Sanlúcar de Barrameda. Pero o reinado rematará este 31 de decembro. E aí estará a candidatura de Pontevedra, que a ollos de Yoya Blanco "conta cuns argumentos gastronómicos e culinarios envexables para outras cidades e conta coa súa propia Banda de Cociñas e con padriños e madriñas de excepción".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta