Catro detidos nunha operación contra o tráfico drogas na Estrada e Lalín

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/01/2022 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

Catro persoas foron detidas no marco dunha operación contra o tráfico de drogas na Estrada e Lalín. As pescudas continúan abertas nesta operación conxunta entre a Policía Nacional e a Garda Civil.

Fontes da investigación confirmaron que, dos detidos, tres son galegos e outro estranxeiro.

Ademais das detencións, a operación saldouse coa aprehensión de armas, droga, diñeiro e vehículos en varios rexistros realizados polas forzas de seguridade.

Cocaína.
Cocaína.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta