Xa podes descargar o calendario científico deste 2021 en galego

Desenvolta por UdC e CESIC, conta con distintas efeméredes para os 365 días do ano.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Universidade da Coruña e o CSIC volven publicar o seu Calendario Científico Escolar en lingua galega. A versión de 2022 volven nacer como parte dunha colaboración entre a Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade co Consello Superior de Investigacións Científicas para achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade.

Arquivo - Calendario. EUROPA PRESS - Arquivo
Arquivo - Calendario. EUROPA PRESS - Arquivo

Estes calendarios en galego xorden froito dunha colaboración arrincada en 2019 e que, unha vez máis, chegarán en versión física a distintos centros educativos galegos. Como explican dende a Universidade, o calendario achega 365 efemérides do ámbito científico e tecnolóxico (nacemento de persoeiros, conmemoracións de descubertas ou achegas destacables etc.) e está dirixido principalmente para o alumnado de educación primaria e secundaria obrigatoria.

Alén diso, engaden, vai acompañado dunha guía didáctica con orientacións para o seu aproveitamento educativo transversal nas aulas e que "responde aos principios de inclusión, normalización e equidade e atende ás pautas xerais de accesibilidade". Apúntano así porque contan con tarefas de distinto grao de dificultade, efemérides redactadas nunha linguaxe sinxela ou texto en formato plano para a súa entrega mediante tecnoloxía texto a voz ou TTS. O calendario pódese descargar neste enlace.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta