(Video) Así son os exames na universidade coa variante Ómicron

Os tradicionais exames de xaneiro están marcados este ano polo aumento dos casos de COVID.

Por Paula Daza | Santiago de Compostela | 15/01/2022 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Estudantes facendo un exame
Estudantes facendo un exame | Fonte: Arquivo

Xaneiro é tempo de exames nas universidades e os estudantes dedican todo o tempo libre a repasar.

Este ano, o aumento exponencial dos casos de COVID xerou unha gran incerteza nos mozos, xa que moitos deles descoñecían como debían actuar en caso de estar contaxiados ou confinados.

A tendencia xeral da Universidade de Santiago é manter a presenza na medida do posible, aínda que algúns profesores decidiron realizar as probas por vía electrónica. Ademais, a USC habilitou un número de teléfono e un correo electrónico para contactar coa oficina COVID.

Enviáronse correos electrónicos a tódolos estudantes explicando o procedemento a seguir en caso de COVID positivo ou contacto próximo, una información que facilita a comunicación entre a universidade e os estudantes.

A pesar do medo que sofren algúns estudantes, con todo os exames estanse realizando con normalidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta