Investigado por cazar xabarís pola noite e con munición ilegal

Este veciño de Castroverde contaba cun dispositivo na súa leira que o alertaba da presenza do animal.

Por E.P. | LUGO | 13/01/2022 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

A Garda Civil propuxo para sanción á normativa de caza por furtivismo a un veciño do termo municipal de Castroverde, ao que se lle interveu unha escopeta e munición prohibida. Segundo informou o Instituto Armado, axentes do Pacprona, no marco dunha investigación sobre caza furtiva, localizaron unha zona no termo municipal de Castroverde onde supostamente se practicaba "a caza maior furtiva en horario nocturno".

A Benemérita indicou que constatou que en dúas parcelas "existen cebadeiros e dispositivos de aviso que ao ser movidos polos xabarís alertaban ao presunto autor". Ao estar axentes no lugar achegouse un vehículo todoterreo que, unha vez observou o condutor aos membros do Pacprona, emprendeu a fuxida da zona, destacaron as mesmas fontes.

Posteriormente, os axentes localizaron ao presunto autor no seu domicilio, ao que solicitaron as armas ao seu nome. Así, presentou unha delas "con barro e signos de ser usada recentemente", destacan as mesmas fontes. E atopárona municionada con cinco cartuchos de postas, "munición prohibida para exercer a caza", matiza a Garda Civil, un dos cales estaba usado.

Esta mesma arma é a que portaba no momento de darse á fuga dos axentes, destaca o Instituto Armado. Por iso, os axentes procederon a requisar a escopeta, que quedou en depósito en dependencias oficiais da Garda Civil. Ademais, realizou un estudo o Servizo de Criminalística para verificar o uso da mesma no lugar dos feitos ao acharse por parte dos axentes varios cartuchos baleiros da mesma marca e modelo dos aprehendidos e que se atopaban municionados.

Arma e munición intervenidasa pola Garda Civil a un investigado como presunto autor de caza maior furtiva en Castroverde (Lugo).. GARDA CIVIL
Arma e munición intervenidasa pola Garda Civil a un investigado como presunto autor de caza maior furtiva en Castroverde (Lugo).. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta