Accidente laboral: morre un traballador tras caer desde un tellado en Poio

Nos primeiros nove meses do 2021 perderon a vida mentres traballaban un total de 649 persoas.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 13/01/2022 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

Un traballador faleceu na tarde deste xoves nun accidente laboral rexistrado ao precipitarse dun tellado cando realizaba unha reparación no termo municipal de Poio. Segundo a información facilitada polo 112 Galicia a Europa Press, ás 14,45 horas unha persoa alertou ao servizo de emerxencias de que un traballador caera dun tellado cando facía unha reparación na Avenida da Barca, fronte ao centro comercial.

Debido a este accidente, foron mobilizados, ademais dos servizos sanitarios, a Garda Civil, Policía Local, GES de Sanxenxo e Protección Civil de Poio. Á súa chegada ao lugar dos feitos, o persoal sanitario confirmou o falecemento deste traballador.

Sindicalistas protestan por un dos accidentes laborais rexistrados no Porriño. CIG
Sindicalistas protestan por un dos accidentes laborais rexistrados no Porriño. CIG

Segundo os últimos datos do Ministerio de Traballo e Economía Social, só entre xaneiro e novembro do 2021 producíronse 1.051.872 accidentes de traballo, dos que 527.448 causaron baixa laboral, un 18,7% máis, e 524.424 non finalizaron nunha incapacidade temporal, un 9,6% máis. Nese mesmo período de tempo faleceron mentres traballaban un total de 649 persoas, unha cifra que dende o sindicato UGT consideran "inasumible", e piden reforzar as Inspeccións de Traballo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta