Miñones cre a Xunta "busca ruído" co seu requirimento ao Goberno polos fondos europeos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2022 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, considerou que a Xunta de Galicia trata de "buscar ruído" co seu requirimento ao Goberno en relación coa repartición dos fondos europeos e a posibilidade de recorrer á xustiza se Pedro Sáchez non o responde.

Preguntado sobre a medida da Xunta nun almorzo informativo celebrado este venres en Santiago, Miñones apelou a Executivo galego á "responsabilidade" e asegurou que "o ruino non axuda". "É necesario menos ruído e máis xestión, pór o foco en 9 millóns dun plan que está a deixar miles de millóns en Galicia, 9 millóns destinados a proxectos piloto que despois se van a poder estender a todas as comunidades, paréceme que é buscar ruído", dixo.

O delegado do Goberno, que considerou "irónico" que Feijóo ameace con ir á vía xudicial sobre uns fondos que se aprobaron co "voto en contra do PP", pediu "lealdade institucional". "Xestionar fondos, neste caso do plan de recuperación que están a chegar a Galicia non pode ser simplemente cambiar a portada e pór o logo da Xunta, ten que ir máis aló a xestión da Xunta", argumentou.

Miñones, que afeou tamén que a Administración autonómica omita a acción do Goberno na consecución destas partidas e se limite a sinalar que son "fondos europeos", sostivo que Feijóo ten "unha misión moi importante por diante" que é xestionar os fondos que "están a chegar e que son moitos, e dar conta de onde os destina".

"Recentemente fixemos unha transferencia de fondos covid de 828 millóns que non sabemos onde foron destinados. Desde logo aos concellos non chegaron", incidiu para pedir á Xunta que sexa "coherente" cando reclama ao Executivo estatal "cogobernanza" e apostar tamén por unha cogobernanza coas administracións locais e provinciais.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, nun acto en Santiago de Compostela
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, nun acto en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta