A Xunta replica ao Concello da Coruña que o novo estudo de detalle que pediu retardou a obra da residencia de Eirís

Por E.P. | A Coruña | 14/01/2022 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

A Consellería de Política Social manifestou que o novo estudo de detalle solicitado polo goberno local da Coruña sobre a residencia de Eirís é a causa de que esta actuación "se retardase".

Recreación da futura residencia en Eirís
Recreación da futura residencia en Eirís | Fonte: Fundación Amancio Ortega.

Así o manifestaron desde a Consellería despois de que o goberno local lle pediu á Xunta "celeridade" na tramitación do informe de Patrimonio sobre a residencia para a terceira idade prevista en Eirís.

Desde o departamento autonómico aseguraron que había un estudo de detalle, pero que houbo "uns pequenos axustes no proxecto", o que motivou que por parte do consistorio se pedise un novo estudo, que supuxo "empezar de cero".

Por outra banda, apelaron a que ambas as administracións colaboren para que esta actuación saia adiante "canto antes", insistiron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta