O Sergas descoñece a orixe do 54% dos positivos covid-19

O grupo 20-29 acumula a maior incidencia.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/01/2022 | Actualizada ás 20:46

Comparte esta noticia

O 54 por cento dos positivos que se rexistran en Galicia son casos orfos, é dicir, descoñécese o lugar de infección. Isto, por tanto, segundo o informe da Dirección Xeral de Saúde Pública, "indica a situación de transmisión comunitaria". Ademais, esta orixe descoñecida está "en ascenso".

Varias caixas de probas rápidas de antíxenos para a covid-19
Varias caixas de probas rápidas de antíxenos para a covid-19 | Fonte: A. Pérez Meca - Europa Press.

Este informe é un dos achegados pola Xunta ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para pedir a autorización das medidas actualmente vixentes, coa única modificación da restrición de reunións entre as 3 e as 6 da madrugada, que se limitará a partir do próximo 18 de xaneiro aos venres, sábados, domingos e festivos. Tras a autorización do alto tribunal, na tarde deste venres, a Consellería de Sanidade publicou as ordes de prórroga de medidas no Diario Oficial de Galicia (DOG) na súa edición bis.

Así mesmo, segundo o informe, a incidencia acumulada a 14 días (con respecto xusto ás datas de Fin de Ano) sitúa o grupo de 20 a 29 anos co dato máis elevado de contaxios, seguido dos grupos de 12 a 19 e de 30 a 39 anos.

Deste xeito, aínda que os contaxios de ómicron disparáronse en toda a poboación, os menores de 11 anos, a pesar de que ou ben só teñen unha vacina administrada ou ningunha, non se atopa entre os tres grupos de idade con maior incidencia, que afecta entre os 12 e 39 con máis intensidade.

O día 8 de xaneiro, a taxa de incidencia a 14 días situouse nos 2.152,6 casos por 100.000 habitantes. Se se compara coa do 29 de outubro, cando era de 18,17 casos por 100.000 habitantes --ao comezo da sexta onda--, o incremento foi do 11.747 por cento. A taxa de positividade a 8 de xaneiro era do 20,7 por cento. Desde o 4 de xaneiro ata o 8 notificáronse un total de 20.314 casos novos de covid-19.

Doutra banda, a taxa de hospitalización en unidades de agudos nos últimos sete días aumentou, pasando de 10,4 ingresos por cada 100.000 habitantes o 1 de xaneiro, a 11,7 o 8 de xaneiro.

Nas unidades de críticos (UCI), observouse un descenso con respecto á semana anterior, xa que o 1 de xaneiro a taxa de ingresos por 100.000 habitantes era de 1,07 e o 8 de xaneiro, do 0,93.

A porcentaxe de ingresos dos casos dos últimos 7 e 14 días é de 1,2 por cento e de 1,1 por cento, respectivamente, nas unidades de agudos, e de 0,1 por cento e o 0,1 por cento a 7 e 14 días nas unidades de críticos. Estas taxas son "sensiblemente inferiores" ás de ondas anteriores, pero deben "ponderarse o factor de idade dos infectados". O de maior hospitalización nos últimos sete días foi o de máis de 65 anos, cunha porcentaxe de ingreso do 6,5 por cento.

O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública tamén compara os datos da terceira e quinta onda cos actuais para o total de Galicia, cun "descenso progresivo de hospitalización en planta e na UCI", así como nas defuncións, o cal "pode reflectir a efectividade da vacina nos casos graves de enfermidade e falecemento" pola covid.

Estes datos foron os que sustentaron a prórroga das medidas, xa que aínda que a presión hospitalaria se mantén por baixo doutras ondas, o nivel de incidencia é máis elevado. Ademais, destaca que ómicron é un 85 por cento máis transmisible.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta