Rescatan sete cachorros que foron arroxados a colectores de Lalín e Pontecesures

Un oitavo cadelo non sobreviviu.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 15/01/2022 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

Persoal do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra rescatou nestes primeiros días do ano dúas camadas de oito cachorros --un non sobreviviu-- que foron arroxados a dous colectores nos núcleos urbanos de Lalín e Pontecesures. Aínda que un faleceu ao chegar ao centro, outros sete, con apenas horas de vida no caso de Lalín e escasos días no de Pontecesures, están a recuperarse cos coidados do persoal do CAAN.

A primeira das camadas apareceu nunha caixa dentro dun colector en Lalín o 1 de xaneiro na rúa Principal. Eran dúas femias --Alicia e Ana-- e dous machos --Leo e León--, que faleceu polo seu delicado estado de saúde. 

Rescatan a sete cachorros arroxados a dous colectores de Lalín e Pontecesures. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Rescatan a sete cachorros arroxados a dous colectores de Lalín e Pontecesures. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

O día 12 de xaneiro, persoal do CAAN rescatou outra camada, cunha femia --Salga-- e tres machos --Yogui, Cibrán e Xenaro--, tamén dun colector da rúa Víctor García de Pontecesures.
O aviso deuno unha muller que viu como paraba un coche preto do lugar e, tras escoitar un ruído, achegouse ao colector e viu os cans, que tamén estaban nunha caixa. Neste caso, os cachorros, que teñen días, están de momento en boas condicións e están atendidos nas mesmas dependencias de maternidade, renovadas en 2020.

EVOLUCIÓN E ADOPCIÓN FUTURA

De seguir a evolución favorable, os cachorros pasarán no centro polo menos tres meses ata completar as pautas de vacinación, antes de saír en adopción. Cabe lembrar que as adopcións no CAAN son gratuítas e a persoal asesora ás persoas sobre o can que pode adaptarse mellor á súa situación. Para acudir ao CAAN, hai que pedir cita previa nos números de teléfono 986 140 360 e 886 217 391.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta