Centos de negacionistas maniféstanse na Coruña contra o que chaman "plandemia"

Os manifestantes aseguran que todo responde a "unha nova orde mundial", seguindo bulos e teorías negacionistas falsas ou sen evidencias científicas.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/01/2022 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

Centenares de persoas manifestáronse este sábado na Coruña para protestar pola "complicidade" das Administracións no que denominan a "plandemia" de covid-19 e instaron a xente a "saír á rúa e reconquistar os dereitos perdidos". Os manifestantes saíron da Praza de Galicia, onde se atopa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e percorreron as principais rúas da cidade herculina ata María Pita mentres expresaban e apoiaban os bulos e teorías negacionistas máis repetidas durante a pandemia da Covid.

A comitiva, da que gran parte dos seus integrantes non levaba máscara, avanzaron ao berro de 'liberdade' e 'terroristas', respecto dos gobernos autonómico e central, que centraron as súas críticas. "Isto hai que terminalo xa porque é unha mentira. Están a arruinarnos e tomando o pelo, matando os nosos vellos e levando á depresión aos nenos", aseguraron os organizadores da manifestación, da asociación Reconquista, Asociación Avogados Eleuteria, e Asociación Europea de Cidadáns contra a Corrupción (AECC).

"Quérennos matar, é parte da Nova Orde Mundial", alegaron, mencionado algunhas das declaracións de Bill Gates en redes sociais. A este respecto, lanzaron duras críticas contra a prensa, pedindo aos presentes "que non vexan a televisión" e "lean as redes"; así como contra a Coroa, que cualificaron de "covarde".

Aínda que a marcha se desenvolveu sen incidentes destacables, foron varias as ocasións nas que transeúntes se enfrontaron aos manifestantes, afeándolles, por exemplo, non levar máscara. Xa en María Pita, produciuse unha lea entre os asistentes e outro home cando este os insultou ao asegurar un dos manifestantes "sobrevivir dous anos sen cumprir nin unha soa norma do protocolo".

CRÍTICAS A XUNTA E GOBERNO

Con todo, gran parte dos reproches foron parar ás Administracións, tanto á central como á autonómica, ás que acusaron de "mentireiras". "Son presuntos asasinos --os gobernantes-- por omisión e comisión, segundo as medidas tomadas para unha enfermidade creada no laboratorio. Para moitos non será suficiente o cárcere, merecerán traballos forzados", afirmaron.

O presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, e o titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acapararon a maioría das acusacións, tamén nalgunhas das pancartas que portaban os manifestantes ao berro de, entre outros, 'Feijóo, ditador, tirano e masón'. "Esta manifestación é o inicio da guerra do ben contra o mal", conviñeron por último, ademais de criticar o proceso de vacinación, "que ofrece unha falsa salvación" xa que "os ingresados no hospital están vacinados".

Manifestación convocada por Asociación A Reconquista, Asociación Avogados Eleuteria, e Asociación Europea de Cidadáns contra a Corrupción (AECC), desde Praza Galicia ata Praza María Pita, a 15 de xaneiro de 2022, na Coruña. M. Dylan - Europa Press
Manifestación convocada por Asociación A Reconquista, Asociación Avogados Eleuteria, e Asociación Europea de Cidadáns contra a Corrupción (AECC), desde Praza Galicia ata Praza María Pita, a 15 de xaneiro de 2022, na Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Antinfantilismo negacionista.

Sigamos. O discurso negacionista é, dunha banda,moi infantil ( o ben contra o mal, a luz contra non sei qué), e totalmente histérico. Non fala de que a mayoría dos que enferman non están vacunados, e que os mortos baixaron moitismo ca vacunación masiva.

1 Antinegacionista.

O sida tamén era falso, una nova orden mundial, etc. Agora, o covid tampouco existe. Todo é cousa dos chinos de Bill Gates ou dos marcianos. E o rollo histérico de xentre cuia única fonte de información son determinadas sociais nas que as únicas noticias que hai son, precisamente as negacionistas. Pero os feirtos son teimudos e os que están a morrer son os que nons están vacunados. E se more algún vacunados é porque a mayoría da xente está vacunada, e as comparacións cos non vacunados non son equitativas.