Galicia supera os 70.000 casos activos e os hospitais suman 32 ingresos máis

Os novos contaxios rexistrados descenden lixeiramente, ata os 7.838, e a taxa de positividade baixa ao 21,8%. Nas UCI a situación mantense sen moitos cambios, con 54 persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2022 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

Os casos activos continúan en ascenso en Galicia e superan este domingo a barreira dos 70.000 --72.441, concretamente--, mentres que os novos contaxios baixan dos 8.000 e quedan nos 7.838 --776 menos nas últimas 24 horas--. A presión hospitalaria tamén se incrementa con 569 hospitalizados, 30 máis que na última xornada. A taxa de positividade, pola súa banda, continúa en descenso e marca un 21,8%.

Segundo os datos actualizados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do sábado, baixan a 54 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --dúas menos--, pero ascenden a 515 as hospitalizadas noutras unidades --32 máis--. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe en todas, menos na Coruña, onde se mantén, aínda que cambia a repartición de pacientes por planta. Así, a área coruñesa conta con 126 pacientes en planta --tres máis--, pero con 14 en UCI --tres menos--.

Así, Vigo mantén a 10 pacientes Covid en UCI pero rexistra 78 noutras unidades --catro máis--; Ourense continúa con oito hospitalizados en críticos, pero con 75 en unidades convencionais --sete máis--; e Ferrol, que tampouco rexistra cambios en UCI, con tres pacientes, ten a 32 en planta --cinco máis--. En Lugo, son seis os ingresados en críticos --un máis-- e 57 en planta --cinco máis--; en Pontevedra hai oito hospitalizados en UCI --sen cambios-- e 69 noutras unidades --cinco máis--; mentres que a área de Santiago e Barbanza continúa con cinco pacientes en críticos --sen cambios--, pero rexistra 78 noutras unidades --tres máis--.

CASOS ACTIVOS

Os casos activos manteñen a tendencia ascendente --tras a adaptación este xoves pasado por parte do Sergas do novo protocolo de altas de pacientes infectados pola Covid que reduce os días de corentena--, e superan a barreira dos 70.000, concretamente 72.441, que supoñen 2.724 máis que o día anterior.

Por áreas sanitarias, o maior incremento corresponde á de Vigo (+1.158), seguida da da Coruña e Cee (+611), Pontevedra e O Salnés (+407), Lugo (+333), Santiago (+123), Ourense (+59) e Ferrol (+33). Así, con máis casos activos mantense a área sanitaria de Vigo, con 18.647; seguida da da Coruña e Cee, con 14.656; Santiago e Barbanza, con 10.829; Ourense, con 8.400; Pontevedra e O Salnés, con 8.319; Lugo, con 7.547; e á cola continúa a de Ferrol, con 4.043.

Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este pasado venres 14 de xaneiro, a incidencia acumulada a 14 días de Galicia aumenta a 3350,78 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 3192,46 de media en España.

BAIXAN OS CONTAXIOS

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 baixan ata os 7.838, tras superar os 8.000 durante dous días consecutivos --8.614, o sábado e 8.427, o venres-- e tras os 7.875 do xoves, algo máis que os 8.343 do mércores, tras os 5.927 do martes e comezar esta semana con 4.966. Deste xeito, Galicia acumula desde o inicio desta pandemia 335.606 contaxiados por coronavirus, dos que 77.115 corresponden á área de Vigo; 71.117, á da Coruña; 50.520, á de Santiago; 41.984, á de Ourense; 39.945, á de Pontevedra; 34.746, á de Lugo; e 20.179, á de Ferrol.

Nas últimas 24 horas realizáronse 7.722 PCR, que eleva a 3.462.903 as feitas desde o inicio da pandemia; e 10.286 test de antíxenos, que suman 1.290.948, o que supoñen 18.008 probas efectuadas entre ambas.

En canto á taxa de positividade en PCR --número de infeccións detectadas cada 100 test--, descende ata o 21,8% desde o 25,68% do sábado, o 26,09% do venres, e tras caer lixeiramente a un 25,32% o xoves, repuntar a un 26% o mércores, reducirse a un 16,61% o martes e comezar esta semana cun 22,6%. Así, mantense moi por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

FALECIDOS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia no conxunto de Galicia ascenden a 2.845, ao notificar a Consellería de Sanidade este sábado dous óbitos. Mentres, 260.367 persoas diagnosticadas de coronavirus curáronse en toda a Comunidade galega desde o comezo desta crise sanitaria, que constitúen 5.112 máis que as rexistradas ata o día pasado.

Probas PCR para detectar a covid-19
Probas PCR para detectar a covid-19 | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta