Novos cursos sobre mercadotecnia, produtividade e ciberseguridade en Pontevedra

Están organizados pola Deputación e terán lugar esta semana.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 16/01/2022 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra, a través de Smartpeme, ofrece esta semana catro novas accións formativas de forma en liña que abordarán a mercadotecnia de contidos, contramedidas básicas de ciberseguridade ou mellora da produtividade.

Así, o primeiro taller terá lugar o martes 18 e nel Laura Carreira, cun posgrao en Dirección de Comunicación Corporativa, falará sobre a 'Mercadotecnia de contidos: aprende a diferenciarte da competencia' e, concretamente, sobre a taxa de engagement ou os mellores horarios para as publicacións.

O mércores 19 impartirase 'Ciberseguridade, contramedidas básicas 2021 I" da man de Manuel Freire, experto universitario en robótica para explicar os posibles riscos de Internet e as contramedidas que axudarán a estar máis protexidos na rede.

Para o xoves 20 están programados 'Planifica os propósitos de 2022: mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións', que tratará un binomio tan importante a día de hoxe como é o teletraballo e a produtividade e será impartido por Fátima Faílde, postgraduada en Comunicación e Industrias Creativas.

O mesmo día Esther Garcinuño, especialista en mercadotecnia e dirección comercial, conducirá o taller 'Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest' no que se dará a coñecer en profundidade esta rede social. As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de Smartpeme no url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo á dirección info.smartpeme@depo.es ou no teléfono 886 202 020.

Unha persoa traballa no portátil
Unha persoa traballa no portátil | Fonte: UVigo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta