GC Aberto

O FROB e Novagalicia Banco practica sadomasoquismo psicolóxico?

O Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (alias FROB) e Nova Galicia Banco están a torturar os seus reféns amarrados polas preferentes desde hai dous anos con artimañas diabólicas.

Por manuel | A Pobra | 22/04/2014

Comparte esta noticia

Esta estratexia vai moito máis alá do que se pode entender como “boa fe” e, ao meu entender, responde a un plan organizado e deseñado por responsables con nomes e apelidos. De cara os medios ou as reunión cos afectados, amosan a súa cara máis bondadosa e comprensiva. Pero na práctica, o FROB e Nova Galicia Banco empregan cara os afectados técnicas de desprezo e acoso psicolóxico impensables en organismos estatais, por unha banda, e de pretendida seriedade pola outra. 

Quero poñer catro exemplos ben ilustrativos desta suxa táctica de desprezo e acoso psicolóxico que nos levan aplicando desde o principio deste vergoñento proceso. 

O primeiro: que xa sabíamos o que faciamos e que xa eramos “grandiños”. Así sucedéronse as primeiras protestas nas rúas e as primeiras declaración nos medios. Os grandes gurús da economía nacional e internacional coincidían en que era un produto moi complexo e de alto risco só para persoas moi coñecedoras do sistema financiero. Palabrería barata que agachaba a verdade que, en privado, todos recoñecían: unha ESTAFA das de toda a vida, coma moi se escoitaba nas tertulias xenéricas dos medios cando tocaban este tema.

O segundo: como o ruído e o escándalo ía a máis, cambiouse a estratexia. Tendo en conta a clase e a procedencia social desta caterva do FROB e de NovaGalicia Banco, sen dúbida lles abrigaron a coñecer a Biblia,non a praticala,  para lembrarse de Xericó, as súas murallas e o ruído das trompetas. Entón empezáronlle a botar a culpa a Europa (que como fala en inglés ou francés ninguén entende o que di, e a mais a UE sérvenos o mesmo pa un zurcido que pa un descosido), que se alí nos consideraban todos investidores, que se só pola vía xudicial, etc.

O terceiro: como os movementos se ían organizando e as manifestacións nas rúas eran abondosas, habíache que buscar algunha solución que disimulara o problema, un “namentres”, así que inventaron a “arbitraxe” xestionada a través do criterio independente dunha consultora. Que perfís tiveron acceso aos laudos? Aínda hoxe non puidemos decatarnos de cales foron os criterios, totalmente opacos: unha persoa de 80 anos e cinco mil euros. Un neno de doce con 18.000. Un empresario de gasolineiras con 300.000. Un exconstrutor inmobiliario con sete pisos e 200.000 euros. Repito: cal foi o perfil? O que lles deu a gaña. 

A arbitraxe non rematou coas manifestacións. As protestas contra as sucursais continuaron. Asimaxes que saían nos medios semellaban sacadas de algunha escea de “walking-dead”, as facianas fartas de tanto cabreo contido, tanta desilusión, tanto atropelo consentido por estas nosas autoridades incompetentes que  dicíannos: aqueles a quen non vos chamen á arbitraxe, o mellor que podedes facer é a vía xudicial, porque así Europa non pon pegas á devolución. 

O cuarto e final polo momento (moito me temo que haberá bastantes máis). Hai uns días as plataformas dos desgrazados (entre os que me inclúo) reúnense coa plana maior dos que parece que se van quedar con Nova Galicia Banco. Os novos propietarios dixeron que eran “boíños” e que querían solucionar da mellor forma posible este problema polo ben de todos e da comunidade galega afectada. Din que toda a culpa a ten o FROB que aínda é o propietario e ademáis que lles obriga á apelación de todas as sentencias que lles sexan desfavorables independentemente da cuantía. É dicir, din que o FROB lles obriga a apelar a gran maioría das sentenzas.  Aquela excusa de que a Unión Europea non poría problemas quedou noutra trola e sempre se evidencia quen está detrás: a mesma recua de vividores e senvergoñas. 

E agora penso eu: nas instrucións que recibe Nova Galicia Banco do FROB está a de agardar a recorrer a sentenza xudicial favorable para o estafado no último momento do último día, como están a facer? Ese estraño comportamento está a producirse continuamente nos últimos meses nos periodos de apelación das sentencias. Estes desgrazados agardan ata última hora do último día para apelar, poñendo aos afectados en perigosos niveis de ansiedade e nerviosismo. De quen é a táctica? Será colleita propia dos novos donos para facerse ver e dicir quen manda aquí? Será outra vez a malvada UE a que lles ordee este estraño procedemento? 

A mensaxe é clara para nós, os afectados: “miserentos de merda, ímosvos a estar sodomizando ata que vaiades para a caixa, que coas pintas que tendes non será a moito tardar. Tampouco nos importa moito o que se diga ou onde se diga: xa temos tanta pringue enriba que todo nos escorrega. Como ademáis, os cartos non son nosos, non nos importa o tempo que se queden en custodia xudicial con tal de que non os vexades vós na vida”. ¿Pagar avogados? se os cartos son os vosos.

Qué pena tan grande!  que estes individuos e entiades sexan as que formaron parte da nosa mais o menos tranquila existencia durante décadas ou case que a vida enteira coma herdanza de uns a outros, e nos sosegaba o seu cosello cando tíñamos catro patacóns aforrados e agora dinnos que tíñamos que ler a letra pequena (esa letra non é miúda senón microscópica e ademais encriptada  pa calquer persoa que non estea moi posta nesa liguaxe, independentemente da formación académica que teña o a experiencia profesional que acumule, que pa o que se usa é para mellor rendimento laboral e non pa andar a perseguir trilerías banqueiras. O feito é unha puñalada trapeira a confianza. Poderíaslle levar a un conselleiro os papeis pero o que ocorre é que os conselleiros da nosa confianza eran eles mesmos.

Manuel Gago Pérez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cholo

Ncg lo hace todo tarde, mal y arrastro. Así hizo las preferentes y así hace ahora las apelaciones. Suerte¡!