O protocolo para o Entroido establecerá "medidas básicas" e será de aplicación "en todo caso"

Servirá indistintamente para calquera das situacións nas que se atope a pandemia.

Por E.P. | VIGO | 17/01/2022 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

O protocolo que a Xunta de Galicia prepara para o Entroido deste ano establecerá unha serie de "medidas básicas" e será de aplicación "en todo caso", independentemente de se a situación epidemiolóxica mellora ou empeora en relación á actual.

Así o sinalou o conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, en declaracións aos medios este luns en Vigo, quen indicou que "aínda falta" tempo para a chegada da devandita celebración, pero o Executivo autonómico xa traballa nun protocolo tendo en conta un escenario como o dos últimos días.

"É un protocolo de medidas básicas para garantir o uso dos espazos públicos no exterior, as distancias ou os elementos de protección. De momento non expomos restricións. É difícil a esta distancia no tempo expor esa situación", subliñou Comesaña, que engadiu que faltan como 4 ciclos epidemiolóxicos ata que chegue o Entroido.

Ao seu xuízo, o protocolo vai servir indistintamente en que situación se atope a pandemia en Galicia. "Se a maiores estamos nun contexto con máis restricións, pois iría en paralelo. Pero cremos que o protocolo debería servir para calquera situación", sentenciou.

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, en Lugo.
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, en Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta