O Xulgado declara falecida a Sonia Iglesias, case 12 anos despois da súa desaparición

A súa exparella, principal investigado, morreu o pasado ano.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 17/01/2022 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

O Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, con competencias no ámbito de Familia, declarou falecida a Sonia Iglesias, desaparecida o 18 de agosto de 2010 na cidade do Lérez. En concreto, este xulgado iniciou a finais de 2020 a tramitación precisa para declarar o falecemento a petición da familia da muller.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o decreto emitido polo xulgado de data 11 de maio de 2021, declara o 1 de xaneiro de 2021 como data legal do falecemento de Sonia Iglesias.

Sonia Iglesias Eirín, unha muller de 38 anos de Pontevedra, foi vista por última vez en agosto de 2010, tras o que a súa parella, Julio Araújo, con quen estaba en trámites de separación, presentou a denuncia pola súa desaparición.

Precisamente, Araújo, a única persoa investigada pola desaparición de Sonia, coa que tiña un fillo en común, faleceu no seu domicilio o pasado mes de setembro aos 62 anos. Aínda que el era o único sospeitoso da desaparición da súa parella, a investigación policial foi incapaz de reunir probas o suficientemente sólidas na súa contra, polo que o caso arquivouse xudicialmente de maneira provisional. O home faleceu en 2020.

Manifestación pola desaparición de Sonia Iglesias
Manifestación pola desaparición de Sonia Iglesias | Fonte: FUNDACIÓN EUROPEA POLAS PERSOAS DESAPARECIDAS.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta