Galicia supera o 80% de poboación pediátrica vacinada

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2022 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Galicia segue o proceso de vacinación contra a Covid-19 coa administración doutras 7.400 doses, das cales unhas 650 foron para completar pautas. No marco do mesmo, Galicia encabeza a inmunización pediátrica, cun 80,2% da súa poboación diana de 5 a 11 anos con polo menos unha dose.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este martes no 'Cronómetro de Vacinación' con datos de ata as 18,00 horas deste luns, recollidos por Europa Press, aumentan a 6.143.138 as doses administradas ata o momento, despois de ser postas 7.415 a xornada pasada.

Desas 7.415 doses administradas, un total de 656 foron para completar pautas, polo que ascende a 2.373.324 as persoas de Galicia con pauta completa, que representan un 87,9 por cento do conxunto dos seus cidadáns.

Entrada do recinto feiral Expourense, onde se vacúa contra a Covid-19.. Rosa Veiga - Europa Press
Entrada do recinto feiral Expourense, onde se vacúa contra a Covid-19.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta