A maior feira científica de Galicia volve ser presencial e terá como eixo temático a "economía circular"

'Galiciencia' abre o prazo para que os centros educativos presenten propostas para o seu concurso de proxectos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2022 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

Coa idéntica intención de achegar a ciencia á sociedade e en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato;  a maior feira científica que se celebra en Galicia volverá ser presencial. Así, e logo de dous anos realizándose en formato en liña debido á pandemia, 'Galiciencia'-- promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia dende o 2006-- abría o prazo esta mañá para que os centos interesados se inscriban e presenten os seus proxectos (ata o vindeiro 25 de marzo. Esta 17ª edición terá lugar os días 11, 12 e 13 de maio e o eixo temático será a “Economía circular”.

A feira científica Galiciencia foi seleccionada finalista entre o dez soluciones 'máis inspiradoras' do mundo pola Asociación Internacional de Parques Científicos e Tecnolóxicos (IASP).. TECNÓPOLE
A feira científica Galiciencia foi seleccionada finalista entre o dez soluciones 'máis inspiradoras' do mundo pola Asociación Internacional de Parques Científicos e Tecnolóxicos (IASP).. TECNÓPOLE

Segundo sinalan dende Galiciencia en relación ao concurso de proxectos, poderán presentarse dous proxectos por centro educativo de Secundaria,  Bacharelato e FP na modalidade presencial; que serán os que finalmente compitan polos premios de Galiciencia.

Non así no caso da modalidade en liña, pois non hai límite de número de proxectos.

PREMIOS

O primeiro premio está dotado con 1.000 euros,que irían destinados a financiar a participación na maior feira científica a nivel estatal, Exporecerca, que se celebra anualmente en Barcelona. O segundo equipo clasificado recibirá, pola súa banda, 500 euros que lles permitirá asistir a Zientzia Azoka, a feira de ciencia que ten lugar cada ano en Bilbao. Ademais, o equipo gañador do terceiro premio recibirá 200 € para a compra de material científico e/ ou  tecnolóxico para o seu centro escolar.

Así mesmo, premiarase a  mellor comunicación e presentación oral, o proxecto máis innovador, o proxecto co método científico e proceso de investigación mellor definido, o

mellor proxecto englobado dentro da temática da “Economía Circular”, e o proxecto liderado por unha rapaza e/ ou relacionado con iniciativas que contribúan á igualdade de xénero no  I+D+i.  Haberá tamén un premio especial para o proxecto coa mellor valoración popular,  elixido entre todos vos que participen na modalidade en liña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta