A Deputación presenta este xoves en Fitur o plan 'Ourense Termal', con 15 municipios adheridos

Con motivo da chegada do AVE, colocarán publicidade nas estacións de tren de Chamartín e Atocha durante a semana da feira.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 19/01/2022 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

O Plan de Sustentabilidade Turística en Destino 'Ourense Termal', do que forman parte 15 municipios termais rurais da provincia, será presentado este xoves 20 de xaneiro na Feira Internacional de Turismo (Fitur) polo propio presidente da Deputación, Manuel Baltar.

Así, Ourense contará un ano máis cun expositor atendido por un informador especializado no espazo institucional de Turismo de Galicia, onde se promoverán os recursos cabeceira da oferta da provincia: natureza, patrimonio, enogastronomía, e termalismo como factor diferencial.

O plan, que se presentará ás 13,30 horas, foi aprobado o pasado 28 de xullo pola Conferencia Sectorial de Turismo e é un dos 23 proxectos elixidos entre 301 candidaturas grazas a un convenio de colaboración asinado entre a Deputación de Ourense, a Secretaría de Estado de Turismo e a Axencia de Turismo de Galicia.

Ademais, e con motivo da posta en marcha do AVE a Galicia, o goberno provincial, a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), promove unha acción máis da campaña 'Ourense Colle Velocidade' con publicidade nas estacións de tren de Chamartín e Atocha durante a semana da feira.

XEODESTINOS DO INORDE

O Inorde aproveitará tamén a Feira Internacional de Turismo para presentar as novidades dos dous xeodestinos que xestiona.

Este mesmo xoves, ás 10,30 horas, presentarase 'Terras que saben a estrelas', do xeodestino Manzaneda-Trevinca-Valdeorras, na que o "proxecto motor" será o Observatorio Astronómico do municipio da Veiga. Xa o venres, 21 de xaneiro (14,30 horas), será a quenda para o xeodestino Terras de Celanova-Serra do Xurés. Ambos os actos tamén será no expositor de Galicia.

Arquivo - O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. ALBERTE PAZ - Arquivo
Arquivo - O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. ALBERTE PAZ - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta