O Goberno central evita aclarar o novo sistema de tramos dos autónomos e só di que "será sinxelo"

Escrivá prevé que poderán "saltar" entre tramos de forma "extraordinariamente sinxela".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2022 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá, prevé que, no novo sistema de cotizacións, os autónomos poidan estar "a saltar de tramo" de rendemento neto en función das súas ganancias dun modo "extraordinariamente sinxelo".

Nun almorzo en Santiago da Asociación para o Progreso da Dirección (APD), o ministro dixo ser "prudente" para "non anticipar algo" en "medio dunha negociación", aínda que remarca que "vai haber un número de tramos" no que os autónomos se poderán mover ata "seis veces ao ano", o que "vai ser moi fácil".

Destaca que haberá un período de adaptación, que "tamén está en negociación", para este novo sistema no que os autónomos cotizarán en función dos seus rendementos netos.

Así, o autónomo "pode moverse" e ao final do ano, en función de cales foron os seus rendementos netos, "haberá unha regularización", na cal dependerá en que tramo está. "Se hai que regularizar e ten que achegar un pouco máis, pois se regulariza; se hai que devolverlle, devólveselle; se quere renunciar á devolución e acumular para o futuro, tamén o pode facer", explica. "Así vai funcionar", asegura.

O texto presentado polo Executivo expón un sistema flexible de 13 tramos nas cotas, que van desde 184 a 1.267 euros mensuais e a posibilidade de cambiar ata ese seis veces ao ano.

O Ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá Belmonte (c), á súa chegada a un almorzo-coloquio organizado por Asociación para o Progreso da Dirección, no Hostal dos Reis Católicos - Parador de Santiago, a 20 de en. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O Ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá Belmonte (c), á súa chegada a un almorzo-coloquio organizado por Asociación para o Progreso da Dirección, no Hostal dos Reis Católicos - Parador de Santiago, a 20 de en. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta