A Garda Civil investiga as agresións a sanitarios nun centro de saúde de Sanxenxo

Un paciente foi denunciado por cuspir e agredir aos sanitarios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2022 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

A Garda Civil abriu unha investigación en relación ao altercado denunciado no Punto de Atención Continuada (PAC) de Baltar, no municipio de Sanxenxo, ocorrido na noite do pasado martes. Así o informaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, que puntualizaron que as pescudas se abriron tras un "incidente cun paciente" que estaba "bastante alterado" e "rompeu o cristal dunha porta".

En concreto, a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés presentou denuncia por "agresións verbais e físicas" sufridas por persoal do Punto de Atención Continuada (PAC) de Baltar. Os feitos sucederon sobre as 20,00 horas deste pasado martes cando na PAC había persoal médico e de enfermaría, entre outro. Ademais das "agresións verbais e físicas" --entre as que houbo "cuspe", segundo indicaron fontes da área sanitaria-- rexistráronse "danos" nas instalacións.

Ao lugar dos feitos acudiron efectivos da Policía Local, que se retiraron ao chegar ao lugar dos feitos ao intervir xa efectivos da Garda Civil. De feito, a Benemérita procedeu á toma de declaracións e inspección ocular do lugar no marco da investigación que abriu. Por parte da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés cursouse denuncia "por violencia contra o persoal sanitario" e trasladouse a condena por esta agresión a traballadores da PAC de Baltar.

Axente da Garda Civil. GARDA CIVIL
Axente da Garda Civil. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta