Morre un home tras bater cun coche aparcado en Coles

A vítima, de 66 anos, perdeu a vida no lugar dos feitos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2022 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

Un home de 66 anos de idade faleceu este xoves despois de chocar o vehículo no que circulaba con outro estacionado no municipio ourensán de Coles. Segundo a información facilitada polo 112 Galicia a Europa Press, ás 10,45 horas deste xoves unha persoa avisou de que un vehículo chocara contra o seu estacionado. Os feitos sucederon na estrada de Val do Regueiro a Gustei, no termo municipal de Coles, á altura do cruce da Peroxa. Debido a este sinistro foron mobilizados o 061, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Coles, Bombeiros do Carballiño e o GES de Pereiro.

En concreto, o 061 desprazou unha ambulancia de soporte vital avanzado cuxo persoal sanitario realizou manobras de reanimación ao home accidentado, B.I.C., de 66 anos, pero finalmente confirmaron o falecemento no lugar, sinalaron a Europa Press fontes sanitarias.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta