A senadora do PP Pilar Rojo denuncia a falta de interese do Goberno na ampliación do paseo de Marín

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2022 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

A senadora do PP Pilar Rojo denunciou que o Goberno central "volve dar as costas" sobre o paseo marítimo entre Pontevedra e Marín, ao evitar dar datas sobre a súa finalización e apertura, creando unha situación que "empeza a ser insustentable".

Nun comunicado, o PP explica que Rojo formulou varias preguntas escritas no Senado "esixindo respostas e prazos concretos" sobre a apertura do paseo, xa que "leva meses acabado e pendente da súa inauguración".

Rojo queixouse de que "só" contestaron a unha do catro preguntas, e que, ao acabar o prazo para responder ás demais, reclamou a súa reconversión en preguntas orais "ante a falta de explicacións do Goberno central". Ante iso, explica que a secretaria de Estado, Isabel Pardo de Vera, deberá asistir ao Senado para responder ás devanditas preguntas.

Rojo, que censura tamén "cero concreción" na resposta si recibida por parte do Goberno, sostén que "os pontevedreses merecen unha explicación clara e contundente" xa que levan "máis dun ano esperando" por un traballo que "está a ser unha auténtica chapuza na súa execución, xestión e tramitación por parte do Goberno central".

Ademais, o PP lembrou que a finais de ano o Goberno central "só tiña pagado o 10% do crédito total do proxecto", o que supón 220.000 euros dos 2,1 millóns de euros do proxecto.

A presidenta do Parlamento Pilar Rojo (PP) mandou botar aos cidadáns por interrumpir o pleno con berros increpando ao Goberno
A presidenta do Parlamento Pilar Rojo (PP) mandou botar aos cidadáns por interrumpir o pleno con berros increpando ao Goberno

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta