Falecen sete persoas que foran diagnosticadas previamente con COVID

Todas elas padecían patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2022 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

A morte doutras sete persoas, catro homes e tres mulleres, que fora diagnosticadas coa covid-19 elevou as vítimas da pandemia en Galicia a un total de 2.868.

Segundo informou a Consellería de Sanidade, cinco destes óbitos rexistráronse na xornada do mércores. En concreto, un home de 94 anos e unha muller de 89 faleceron no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Ademais, outro home de 93 anos perdeu a vida no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS); un home de 94, no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO); e unha muller de 92, no Hospital Juan Cardona de Ferrol.

Este xoves faleceron no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) unha muller de 72 anos e un home de 95 que procedía da Residencia Virxe de Guadalupe de Mos.

Un home recibe a terceira dose da vacina contra o Covid-19. Eduardo Parra - Europa Press
Un home recibe a terceira dose da vacina contra o Covid-19. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta